/* Primer post ----------------------------------------------- */ #first { /* Estilos del contenedor del primer post */ margin: 0px 0px 10px 0px; padding: 0px; float: left; background: #ffffff; border: 1px solid #99CC99; } .first-body { /* Estilos para el texto del post */ margin: 0px; padding: 10px 10px; line-height:1.5em; text-align: justify; color: #080707; } #first h3 { /* Estilos para el título del post */ display:block; margin: 10px auto; width: 95%; font-size: 24px; padding: 0px 0px 4px 0px; font-family: 'Palatino Linotype'; font-weight: bold; text-align:center; line-height: 1.4em; color: #f5f5f5; } #first h3 a, #first h3 a:visited { /* Color del título */ color: #009000; } #first h3 a:hover { /* Color del título al pasar el cursor */ color: #5A5B72; } .first-body img { /* Estilo para las imágenes */ padding:10px; background:#fff; border: 0px; } #first .comment-link { /* Estilo para el link de los comentarios */ float:right; padding: 0px 5px 15px 0px; } -->

   

www.pladesemapesga.com |   Actualizado
Plataforma Marítima Pesquera de Galicia
Accesibilidad
 
 Portos depor| Clasificados | Astilleros | Actualidad | Caladeros | Deportes | Lonjas | Marisqueo |   | Pesca | Litoral | Cofradias | Reportajes | Entrevistas  | Buscadores 
Inicio  |  Gente  El Mundo | Especiales |  Última hora  | Conservas  | Playas |  Más+vistas | Pescadores  |  Islas |  Barcos |  Denuncias |   Formación |  Puertos

Última hora del sector marítimo pesquero

Un foro sobre o sector pesqueiro celebrado en ADE sitúa a Mariña luguesa á cabeza da venda de peixe fresco en España

Representantes do sector salientan a relevancia económica da pesca na provincia de Lugo e ven un “obstáculo” a reforma política pesqueira da UE vixente ata o 2022
     


Míguez, Villasante, Neira e Barreiro, na xornada celebrada na Facultade de ADE
A Mariña luguesa é o lugar de España no que máis pescado fresco se de vende, por diante de portos como os de A Coruña, Marín ou Vigo, como o proba o feito de que os portos de Celeiro e Viveiro facturaron o pasado exercicio 2013 máis de 100 millóns de euros pola comercialización de peixe fresco, segundo puxeron de manifesto diversos representantes do sector pesqueiro galego que participaron nun foro sectorial celebrado na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo, no que abordaron a contribución do sector pesqueiro ao desenvolvemento económico e social da provincia de Lugo.

As intervencións dos relatores que participaron nesta xornada de debate e análise, que estivo moderada pola decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro, xiraron arredor da relevancia do sector pesqueiro en Lugo e na súa provincia, sobre todo no que atinxe a peso económico e xeración de riqueza.

Este foro pesqueiro, no que participaron Miguel Neira, en representación de Armadores de Burela SA (ABSA), Eduardo Míguez, de Puerto de Celeiro; Mercedes Moreda, da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, e o profesor da USC e coordinador do grupo de traballo do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) Resiliencia e Servizos Ecosistémicos Mariños, Sebastián Villasante, advertiu tamén da necesidade de recoñecer a importancia do sector pesqueiro na provincia de Lugo, na medida que xera máis postos de emprego, tanto directos como indirectos, que a agricultura.

Os modelos de xestión empresarial adoptados no sector pesqueiro na década dos anos 90 do pasado século XX son, a xuízo dos relatores, o reflexo do éxito da combinación da experiencia tradicional dun sector produtivo primario cunha visión estratéxica e innovadora que foi capaz de superar as “históricas dificultades” establecidas pola Comisión Europea na asignación de cotas, os novos cambios e as esixencias impostas polos mercados de pesca.

Outra das ideas postas de manifesto nesta xornada sobre a pesca atinxe á capacidade amosada polo sector pesqueiro lugués para adaptarse e sortear con éxito a crise económico, a través da adopción de estratexias de diferenciación e especialización de produtos baseados nunha elevada calidade, tal e como pode ser o caso da pescada do pincho ou do bonito do Cantábrico.

Respecto da política pesqueira da Unión Europea, o profesor Villasante puxo de manifesto que todos os informes científicos do ICES amosan unha clara melloría dos stocks comerciais en Europa, e particularmente daqueles que capturan as flotas no Cantábrico Noroeste.

Os relatores tamén coincidiron á hora de sinalar que a reforma política pesqueira da UE, vixente ata o ano 2022, constitúe o principal obstáculo para o desenvolvemento do sector, xa que solo impón restricións de carácter ambiental. Aínda así, os representantes do sector pesqueiro lugués son optimistas e confían no traballo e na experiencia do sector para seguir a xerar emprego e beneficios económicos e sociais no país.


0 comentarios to " Respecto da política pesqueira da Unión Europea, o profesor Villasante puxo de manifesto que todos os informes científicos do ICES amosan unha clara melloría dos stocks "

Publicar un comentario

Revista de Pladesemapesga

No se permite la reproducción total o parcial de estas publicaciones, ni su incorporación a ningun sistema informatico ni su transmisión en cualquier forma o por cualquier medio,electrónico, mecánico, por fotocopia, por grabación o otros métodos , sin el permiso del editor Propiedad : Pladesemapesga. 2014. Autor : Pladesemapesga 2014. Registro Legal. 2012/016402. Nif G-70321807. Impreso en España...