/* Primer post ----------------------------------------------- */ #first { /* Estilos del contenedor del primer post */ margin: 0px 0px 10px 0px; padding: 0px; float: left; background: #ffffff; border: 1px solid #99CC99; } .first-body { /* Estilos para el texto del post */ margin: 0px; padding: 10px 10px; line-height:1.5em; text-align: justify; color: #080707; } #first h3 { /* Estilos para el título del post */ display:block; margin: 10px auto; width: 95%; font-size: 24px; padding: 0px 0px 4px 0px; font-family: 'Palatino Linotype'; font-weight: bold; text-align:center; line-height: 1.4em; color: #f5f5f5; } #first h3 a, #first h3 a:visited { /* Color del título */ color: #009000; } #first h3 a:hover { /* Color del título al pasar el cursor */ color: #5A5B72; } .first-body img { /* Estilo para las imágenes */ padding:10px; background:#fff; border: 0px; } #first .comment-link { /* Estilo para el link de los comentarios */ float:right; padding: 0px 5px 15px 0px; } -->

   

www.pladesemapesga.com |   Actualizado
Plataforma Marítima Pesquera de Galicia
Accesibilidad
 
 Portos depor| Clasificados | Astilleros | Actualidad | Caladeros | Deportes | Lonjas | Marisqueo |   | Pesca | Litoral | Cofradias | Reportajes | Entrevistas  | Buscadores 
Inicio  |  Gente  El Mundo | Especiales |  Última hora  | Conservas  | Playas |  Más+vistas | Pescadores  |  Islas |  Barcos |  Denuncias |   Formación |  Puertos

Última hora del sector marítimo pesquero

Ribeira Sacra: ou Patrimonio da Humanidade, ou de Iberdrola, GN-Fenosa, construtoras, canteiras...


A falla de protección efectiva e os agresivos proxectos en marcha neste espazo, comprometen a candidatura


A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade está en perigo. Máis encoros, canteiras, autovía A-76, xunto coa desprotección efectiva o abandono do patrimonio natural e cultural perxudican á candidatura. Para a UNESCO non vale todo!

Uns valores incuestionábeis máis tamén ameazas moi certas, que cuestionan a súa integridade


A Ribeira Sacra acubilla un patrimonio natural, cultural, histórico, etnográfico etc. de incuestionábel valor, merecedor de acadar a consideración de Valor Universal Excepcional, tal como require a UNESCO para declarar un ben ou espazo como Patrimonio da Humanidade.

Porén, a presenza de valores excepcionais a conservar non implica unha declaración automática por parte do organismo internacional. O Comité do Patrimonio Mundial debe acreditar que o ben a protexer reúne as condicións de integridade e autenticidade e conta cun axeitado sistema de protección que garanta a súa salvagarda (Directriz 78 para a aplicación da Convención do Patrimonio Mundial).

Son precisamente os aspeitos relacionados coa integridade e a autenticidade deste espazo, a súa relación cos factores de degradación así como eficacia das medidas de protección e salvagarda coas que conta o ben, os puntos máis problemáticos que poderían poñer en risco a candidatura.
Neste senso, a UNESCO é taxativa: "Os materiais físicos do ben e/ou as súas características significativas deben encontrarse en bo estado e o impacto dos procesos de deterioro debe estar controlado" (Directriz 89).
Polo que atinxe aos valores naturais, para a UNESCO "os procesos biofísicos e as características da terra deberán estar relativamente intactos", e as actividades que no espazo se desenvolvan deben "estaren en harmonía co Valor Universal Excepcional da área e seren sustentábels dende o punto de vista ecolóxico" (Directriz 90).

Aproveitamentos hidroeléctricos, autovía A-76, canteiras... Elementos incompatíbeis coa declaración


Á marxe da discusión sobre si até o de agora os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra teñen sido axeitadamente catalogados e preservados, en ADEGA tememos que tanto pasadas actuacións como os proxectos agresivos que arestora ameazan a este espazo provoquen que a UNESCO non acredite na seriedade da candidatura.

Nestes intres están en distintas fases de tramitación e/ou execución 4 megaproxectos hidroeléctricos: O "repotenciamento" de Belesar III e Os Peares III, e as novas centrais en caverna de Sta. Cristina (Iberdrola) e Edrada (GN-Fenosa). De ningún xeito estes proxectos poden considerarse "repotenciamentos", como manteñen Iberdola e GN-Fenosa, e sí novos aproveitamentos xa que se ben non requiren da construción dun novo vaso, sí implican obras faraónicas, con centrais en caverna, a construción dun lago elevado, de novas tubarías de presión, de novas liñas de evacuación, e millóns de toneladas de entullos, aliás de detraer máis caudal ao río.

Por outra banda, a construción da autovía A-76 e a autorización de novas canteiras en pleno corazón do Parque Natural da Enciña da Lastra, vai engadir máis alteracións nunha paisaxe excepcional con comunidades biolóxicas únicas, precisamente dous dos puntos fortes da candidatura.

Dende ADEGA acreditamos na importancia de protexer este espazo único, a Ribeira Sacra, que para nós xa é Patrimono da Humanidade. Mais non é posíbel reclamar esta distinción e que ao tempo siga sendo o polígono industrial de Iberdrola e GN-Fenosa ou o cemiterio de millóns de € públicos en infraestruturas superfluas para engordar ás construtoras.


Ligazóns



Descargas



Novas relacionadas



0 comentarios to " A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade está posta en grave perigopolo goberno de Feijóo "

Publicar un comentario

Revista de Pladesemapesga

No se permite la reproducción total o parcial de estas publicaciones, ni su incorporación a ningun sistema informatico ni su transmisión en cualquier forma o por cualquier medio,electrónico, mecánico, por fotocopia, por grabación o otros métodos , sin el permiso del editor Propiedad : Pladesemapesga. 2014. Autor : Pladesemapesga 2014. Registro Legal. 2012/016402. Nif G-70321807. Impreso en España...